Bos días e feliz mércores. Hoxe agárdanse ceos con nubes altas en xeral, e intervalos de nubes baixas na franxa costeira. Bancos de néboa matinais en zonas de interior e brétemas costeiras no litoral atlántico. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso, agás as máximas no norte de Lugo, onde ascenderán. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable pola mañá e frouxos de compoñente oeste á tarde..





