Bos días. Hoxe agardamos unha mañá con nubes altas en xeral e intervalos de nubes baixas no litoral oeste. Co avance da tarde aumentarán as nubes e comezarán as chuvias no oeste da provincia da Coruña. Á noite as chuvias chegarán á toda a Comunidade e serán localmente de intensidade forte. As temperaturas descenderán entre lixeira e moderadamente. Os ventos soprarán moderados de compoñente sur, con intervalos fortes no litoral atlántico durante a tarde..
