Bos días e feliz venres. Hoxe o ceo estará maioritariamente anubrado, con chuvias no noroeste pola mañá; xa pola tarde as precipitacións serán algo máis xeneralizadas, afectando de xeito intermitente a puntos da metade norte e da provincia de Ourense. As temperaturas descenderán, de xeito máis acusado nos valores máximos. Os ventos soprarán moi frouxos de compoñente oeste en xeral..
