Bos días. Hoxe teremos unha xornada de ceos anubrados, agás no leste de Ourense e sur de Lugo onde estarán algo máis abertos; as chuvias produciranse durante a mañá na Coruña, norte de Pontevedra e puntos da provincia de Lugo, remitindo co avance da tarde. As temperaturas mínimas foron algo máis altas que na xornada anterior, pero as máximas descenderán. O vento soprará frouxo de compoñente sur nas primeiras horas e virará a norte, frouxo, tralo paso da fronte..
