Bos días e feliz venres. Hoxe predominarán os ceos pouco anubrados ou despexados, agás no litoral atlántico onde veremos intervalos de nubes baixas e néboas chegando dende o mar; néboas matinais no interior. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo, de dirección variable en xeral e de compoñente leste no litoral norte..
