CIG-Informa: PIDE ATENCIÓN EN GALEGO NO 1004. HAI 205 EMPREGOS EN RISCO.
Este venres, 14 de outubro, chamamos masivamente ao 1004 para pedir atención en galego. Hai 205 empregos en risco. Implícate e participa nesta acción.

As traballadoras e os traballadores de Extel volverán á folga este venres 14 de outubro e o vindeiro martes, día 18, para rexeitar o expediente de extinción formulado pola empresa que, de aplicarse, suporá o despedimento de 205 persoas na plataforma da Coruña, o 58% do total de empregados/as afectados pola regulación.

Coincidindo coa folga, as Seccións Sindicais de Extel e a Mesa pola Normalización Lingüística acordaron unha serie de accións conxuntas encamiñadas a que Movistar garanta o total dos empregos na Coruña, imprescindíbeis para garantir a opción da atención en galego.

As accións conxuntas acordadas entre as centrais sindicais e A Mesa foron as seguintes:

1- Chamadas masivas ao 1004 solicitando atención en galego: o vindeiro venres 14 de outubro de 10 a 11 da mañá e de 5 a 6 da tarde, coincidindo coa folga.

2- Ese mesmo día, na mesma franxa horaria realizarase unha acción nas redes socias facendo uso dos hashtag #NonAoEreEnExtel #QueremosGalego, etiquetando co HT #1004Responde e @movistar_es

3- Pedirlle a todos os concellos galegos que aproben mocións onde lle soliciten a Movistar atención en galego e a súa disposición de se mudaren a compañías que si dean esta opción.

Para máis información podes consultar este enlace

http://www.galizacig.gal/avantar/node/60920

  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame