Bos días e feliz venres. Hoxe teremos en xeral o ceo pouco anubrado ou despexado, con nubes de tipo alto entrando durante a mañá polo oeste. As temperaturas non terán cambios significativos, rexistrándose novamente valores altos para a época do ano. Os ventos soprarán frouxos de compoñente leste.
