#electricidade Disque a partir de hoxe volve a subir a enerxía eléctrica no Reino de Espanha até prezos desorbitados e nunca vistos. Disque, pola contra, en Alemanha e outras nacións cada día é mais barata. Xa se sabe que o Sacrosanto Reino nunca apostou polas renovábeis por motivos de todos conhecido. Coma diría Évole no seu chío: “Zúgannos a enerxía . . . as portas xiratorias gastan moita luz.” Xa sei que a internet non se lhe pode facer moito caso, pero disque no 2015 as contas das eléctricas foron estas: cortaron a luz a 653.772 fogares e tiveron 5.010 milhóns de beneficio. Como explicamos isto? Morando onde moramos a resposta é ben doada; ou non?
https://youtu.be/fIuMbtOEXVY