Unha avalancha de noticias chea de xente queixandose das grandes perdas pola porhibición de plantar #pataca, pero nin unha soa reportaxe sobre as medidas que se estan a tomar e esta que garantan os cultivos do tuberculo nas zonas afectadas é o que estamos a ver estos días na prensa.
Titulares sensacionalistas que semellan berros de carpideiras sobre os malogrados cultivos, nos que se esquence lembrar a importancia da actuación dos cidadáns e da administración para frear o avance da #couza guatemalteca, semellan láudas baleiras sobre o morto cultivo deste tuberculo, como se o único que puideramos facer e quedar pasivos a aguantar normas que non entendemos e rezar por que o ano que ben poidamos volver gozar plenamente das nosas hortas
Os campesiños non saben o que é a couza nin como se expande, e a xunta cre que sacudindo o látigo do semprona sobre a cidadania acabara coa praga. Pero para que todos actuemos como debe ser non basta con sancións económicas.O que toca agora é un alarde de humildade por parte de todos, de xuntanza veciñais con expertos que nos expliquen con amabilidade como acabar con esta praga, como actuar como consumidores se nos chegan productos afectos (sinceramente, na maioria dos casos todos acabariamos tirandoos á horta para que nos sirvan de abono orgánico sen saber que só fomentariamos o propagarse desta peste) e de periodistas preocupados por profundizar no tema en vez de espallar o descontento contra as ordes que nos estan a caer deriba da cabeza.
Non necesitamos que nos metan o dedo na ferida e removan a podredume do noso descontento coas políticas que estan a acabar co noso agro, necesitamos un periodismo que dende xa se comprometa a manternos informados aportandonos as opinións dos que estan a loitar dende a ciencia contra couza guatemalteca e que vaia máis aló das bagoas dos productores, dos intermediarios e dos consumidores.
grazas!

  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame