Habia na #capela unha friaxe que enchoupaba os osos ata o máis profundo do ser e que aniñaba alí onde non había materia, que se ramificaba e nutría un medo que non viña de ningunha parte externa a min. As lousas humidas e toscas do pavimento agochaban inscripcións mortuorías, pisabamolos definitivos leitos daquela familia que gobernara o Claral. Leitos sombrios afastados das sedas que os protexeran en vida.
