#DíaDaTerra Con motivo do Día da Terra, todos os colectivos e persoas que conforman o movemento “Cousa de Raíces”, xunto coa Asemblea contra a eucaliptización de Compostela, convocan umha concentración contra a eucaliptización de Galiza o vindeiro sábado, 22 de abril, ás 12 horas na Praza de Obradoiro de Santiago de Compostela. Nesta concentración realizarase umha performance que consistirá na simulación da plantación con eucaliptos da principal praza compostelá. Esta plantación simbólica da Praza do Obradoiro tentará promover a reflexión sobre o desleixo que os nosos montes e agras están a sufrir fronte as plantacións masivas de eucaliptos, moitas delas ilegais, sen que a Administración faga nada por frealas. Neste acto tamén se denunciará a destrución do patrimonio natural e cultural que está a provocar o monocultivo forestal desta especie invasora no noso territorio. Achégate ao Obradoiro o vindeiro sábado e trae o teu eucalipto.

https://cousaderaices.wordpres....s.com/2017/04/17/no-

  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame