La Voz de Galicia e Faro de Vigo reducen ao mínimo o #DíaDasLetrasGalegas nas súas portadas.

O xornal coruñés só lle dedica un 2,5 por cento de espazo ás Letras Galegas malia ter sido a casa de Carlos Casares e o xornal que máis axudas recibe da Xunta para a promoción da lingua galega. Faro, outro gran beneficiado do Goberno galego, só lle dedica o 6,4 por cento. Son os dous xornais que menos espazo reservaron para a festa da lingua galega, xunto con Atlántico. En conxunto, as Letras Galegas ocupan o 15,5 por cento das portadas de sete grandes cabeceiras do país.

image
  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame