Miles de voces piden nas rúas o dereito a vivir en #galego "sen restricións"
A manifestación de #QueremosGalego une a toda a oposición na defensa do galego. O PPdeG di que “segue apostando firmemente” polo idioma galego pero “desde un galeguismo cordial”. A RAG celebrou en Xinzo un acto institucional no que destacou o importante papel de #CarlosCasares no impulso da literatura e do idioma galego.







