Cales son as árbores que máis arden das que hai nos montes galegos?


O eucalipto está no punto de mira cando se trata de prevención de incendios forestais, e máis tras os indicios que o sinalan como un dos factores agravantes do lume en Pedrógão.

Ante esta situación, a asociación ecoloxista Adega decidiu desmontar a campaña de lavado de cara que ENCE lanzou para borrar esa imaxe. E é que os datos que achega Adega revelan que a incidencia do lume é 3,55 veces maior nos eucaliptais que no bosque autóctono.

Os ecoloxistas acusan á pasteira de maquillar as cifras para reducir este cociente, incluso usando "as mesmas fontes de datos que utiliza ENCE na súa recente publi-reportaxe".

Os resultados de Adega mostran que os incendios dun ano medio (no período 2001-201, "afectaron ao 1,42% da superficie de eucaliptais, ao 1,24% de piñeirais e ao 0,40% das carballeiras e bosques de frondosas galegas.

A asociación remata a súa explicación reprochando que esta relación do eucalipto e o lume "é un feito coñecido desde hai tempo e só ENCE e os seus acólitos seguen tentando ocultar, non en balde coñécese en moitas partes de Australia como the gasoline tree".

Por iso, cuestiona se "vai a Xunta facer algo por desactivar a polvoreira na que se están convertendo os nosos montes ou vaise limintar ao laio cando ocorra unha catástrofe coma a de Portugal?".

  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame