Feliz Ano Novo! Estamos xa no 2018. O reloxo maréase a voltas e somos nós quen vomitamos de tanto mareo; temos o exemplo da educación pública, o que cambiou en só nunha dėcada. En calquera intre voltará a moda do crucifixo e do retrato colgado na parede enriba da pizarra, porque por momentos parece que recúa, en vez de avanzar!! Pero... esta públicación é para desexar un bo ano; serán logo as queixas e suxestións publicadas ao longo do ano o que nos indicará se vai sendo bo ou non tanto. Que sexa, polo menos, un bo ano no persoal!!

  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame