- Youtube   8 anos

#Curtocircuíto Vivimos nun país de chispazos continuos. Saltan chispas acotío con derivacións en todas as direccións e á toma de terra tamén. Se acudimos ao cadro de mandos debe de estar todo cheo de pontes. Do contrario, non se explica que non comezaran a saltar os térmicos, o diferencial e por último o interruptor xeral para deixarnos totalmente as escuras. Todo isto ocorre mentres o “chispas” anda intentando arranxar o “Procés” catalá.

  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame