Espazo Lector Nobel Ourense

Do manifesto de Audrey Azoulay, directora xeral da UNESCO:
"... Unha lingua é moito máis que un medio de comunicación: é a condición mesma da nosa humanidade. Nela sediméntanse os nosos valores, as nosas crenzas, a nosa identidade. Grazas a ela transmítense as nosas experiencias, as nosas tradicións e os nosos saberes. A diversidade de linguas reflicte a riqueza irredutible dos nosos imaxinarios e dos nosos modos de vida.
(...) como mellor aprende un neno é na súa lingua materna. Así mesmo, a UNESCO alenta o seu uso nos espazos públicos e especialmente na internet, onde o multilingüismo debe converterse na norma. Toda persoa, independentemente de cal sexa a súa primeira lingua, debe poder acceder aos recursos do ciberespazo e constituír nel comunidades de intercambio e de diálogo.
(...) Cada dúas semanas desaparece unha lingua no mundo e, con ela, un pedazo da historia humana e do noso patrimonio cultural. Favorecer o multilingüismo supón tamén contribuír a frear esa desaparición anunciada.
Nelson Mandela dixo esta fermosa frase: “Se falas a alguén nun idioma que entende, fálaslle á súa cabeza; se lle falas no seu propio idioma, fálaslle ao seu corazón”.

image
  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame