#Parabéns Está claro que o tema do día foi a dimisión da Presidenta da Comunidade de Madrid polo que menos se agardaba. Disque, era a persoa honrada que vinha a rematar coa corrupción nesta comunidade e vaise luxar en dous botes de crema contra engurras. Hai moreas de vinhetas. Eu voume a decatar por esta. Non quero deixar pasar a ocasión para darlhe os meus parabéns a Eroski porque conseguiu o que ninguén fixo neste país: que un membro do PP non fora capaz de roubarlhe. Bravo por Eroski!






