6 anos

Onte escoitei dicir a Ramón Carballo (PP de Lugo), que gañou as eleccións, pero non sería Alcalde, porque abría un pacto de perdedores. E repetiuno, ata 4 veces. Sr. Ramón Carballo, ¿non se dá conta que con esa afirmación, chama perdedores aos do PP? Pois que eu saiba, en Madrid, perden as eleccións e gobernan, grazas a un pacto de perdedores (3 perdedores). Un consello D. Ramón Carballo, vale a pena permanecer coa boca pechada e parecer parvo, que abrila e despexar as dúbidas. Sen ánimo de ofender.

  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame