A Liga de Fútbol Profesional (LFP) impide ao Concello da #Coruña colocar o vindeiro domingo pantallas xigantes para seguir o segundo partido da final na que o #Dépor xoga o ascenso á #Primeira. Así o vén de confirmar a alcaldesa da cidade, Inés Rey, na presentación do dispositivo de seguridade do #SanXoán, celebración que desta volta cadra co crucial partido do conxunto coruñés fronte ao #Mallorca. Recólleo Radio Coruña (Imaxe: Concello da Coruña)






