Coñecida a terxiversación dos nosos topónimos co ánimo de encubrir que existe un idioma propio, que lle dá sentido á nosa existencia e que é concordante coa nosa forma de ser, propoño aquí unha proba para que administracións e empresas de sinalización entendan que non existe "San Cibrán de Lás", nin, moito menos, "San Ciprián de Las", que sempre aparecen en todos os indicadores.
O santo, en Ourense non é nin "Cipriano" nin "Cibrán". En Ourense é SAN CIBRAO.
En canto á preposición, pouca xente sabe que antigamente se denominaba As Las. Polo tanto, temos que poñer unha preposición e un artigo, DAS (de + as). Na documentación do Catastro da Ensenada, no século XVIII, pon claramente San Zipriano DAS Las.
Entendo que o de "Zipriano" necesite actualización, pero o DAS Las penso que debería conservarse.
CUEVILLAS en todos os seus artigos sobre o castro fala da Citania de San Cibrao DAS Las.
A fotografía foi obtida en PARES, Portal de Archivos Españoles
http://www.blogoteca.com/lambr....ica/index.php?cod=15









Bandvae Lambricae
En 1419 temos outra testemuña do topónimo das Las noutro documento de San Clodio. Nel “(...) o abade de Sant Cloyo e o prior e o convento aforaron a Rodrigo Ares, morador en na freygisia de Sant Çibrao das Laas, e a sua muller Aldonça Yanes (...) a quarta parte entregamente do casar de Pineyro, que jaz en na dita freygisia (...).
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?