Vou facer un comentario do que está sucedendo en Cataluña, con todo o respecto, e sen ánimo de ofender a ninguén.
Primeiro: isto sucede pola incompetencia dos Políticos, Españois e Cataláns, por non facer o seu traballo (falar e negociar) e recorrer, ambos, á violencia.
España, ten que entender, dunha vez por todas, que está formada por varias Nacións e que non pasa nada, por falar de Estados Federales como EEUU e Alemania, por exemplo.
Segundo: Isto seguirá enquistandose mentres existan políticos como Pedro Sánchez, con chaqueta de Socialista e alma de Vox. Por COJONES, neste momento, non se logra nada.
Terceiro: Os Políticos, que se din Cataláns, son uns inconscientes, temerarios, demostrando que non lles importa nada o seu pobo.
Cuarto: O Reino de Galicia, por exemplo, foi substituído pola reforma Administrativa española en 1833, é dicir, fai nada. ¿Será tan difícil recoñecer un Estado Federal? Temos, idioma, cultura, historia (moito máis antiga que a española) e temos unha orixe étnica propio.
Quinto: Mentres o Goberno de España non respecte e trate de igual a igual ao resto de culturas, xamais acabará con todo isto. Non nos ven de igual a igual, ao contrario, intentan destruír a nosa cultura e idioma.







Anxo
Un abrazo.
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?
Vakaloura
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?