#Ciudadanos suspende de militancia ao seu único concelleiro en #Pontevedra, Gregorio Revenga, por votar a prol do orzamento do goberno municipal de #BNG e #PSdeG, aprobados este venres. Segundo a Comisión de Réxime Disciplinario do Partido, a suspensión de militancia débese a que "incumpriu as directrices do partido". O voto a prol de Revenga chegou tras aceptar o goberno local catro das súas emendas, como a encamiñada a dotar con desfibriladores instalacións municipais.

image
  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame