E veñen as eleccións nacionais galegas. Énchense as redes de enquisas. Para min que vai gañar o PP, non polos méritos que é un desastre enteiro, senón polos desméritos da oposición. En Marea desaparecida, o PSdeG cun candidato gris completamente, CxG ao seu, Podemos baixará e o BNG subirá a costa do desencanto dos outros pero nin ten un verdadeiro proxecto de país nin nada. A mediocridade absoluta en política todo. De rapaz estas cousas aínda me emocionaban, agora paso totalmente.





