Vai polo comentario de Carlos Xesús Varela Aenlle. Pois eu penso que con este censo electoral non hai sitio para outro partido de corte soberanista en Galiza. A rotura/escisión de Amio (2012) entre a UPG e o Encontro Irmandiño; entre outros movementos ou tendencias moi minúsculas e minoritarias; provocou que a formación dun partido como ANOVA fora moi prexudicial para a soberanía nacional galega. Na realidade, co tempo, é que ANOVA foi esmorecendo, entregándose, e caendo practicamente nas maos dun partido de corte estatalista e centralista espanhol. Aquí non podemos aplicar aquelo de divide e vencerás, senón todo o contrario. Creo que tamén inflúe moito que a meirande parte do electorado galego non pensa nin vota en clave de País.






O alcrique elétrico
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?