Esta publicación vai por un comentario de Carlos Xesús Varela Aenlle no que preguntaba; para cando un partido soberanista como os de Euskadi e Catalunya? A resposta non é nada doada, pero cando vexas estas imaxes ou o mesmo vídeo creo que empezarás a decatarte. Non vou a xulgar se o acto de Puigdemont en Perpignan estivo ben ou mal. Só quero mostrar e dicir que o soberanismo galego sería moi difícil ou case imposíbel que organizara un acto desta envergadura. O mesmo diría do soberanismo de Euskal Herria co famoso plan Ibarretxe co que pretendía un Estado Libre Asociado e se crearía un Estado confederal. A este paso e coas divisións internas dos partidos que poderían optar a un soberanismo do tipo de Euskadi e Catalunya, por desgraza creo que non chegaremos a olhalo.

  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame