Anda estes días a verse a publicidade en galego dunha multinacional e resulta rechamante o bo uso do infinitivo conxugado, benvida sexa a iniciativa. Despois, cando se le a letra pequena, aparece o de "leite galega" en feminino e aí acabouse a boa nova.