#PARADOXO.
E daquela chega este marabilhoso paradoxo:
Tes mais tempo ca nunca, pero non podes
desfrutalo.
Tal vez o universo trata de dicirnos que ren
do que temos na vida, nin o trabalho, nin a casa,
nin tan sequera o tempo, merece a pena senón
podemos partilhalo con outros.
Isto non é o apocalipse, pero pode ser
umha oportunidade de entender o propósito real
de entender o noso paso polo mundo; cando
Europa vese mais afectada ca África. Cando
un bico pasa a ser umha arma. Cando os cartos
non te salvarán, cando a vida coma entendiamos
até o de agora, detense, para tod@s, e o tempo
vóltase nun castigo . . .
Quizais cando voltemos a caminhar;
caminhemos mais amodo, mais xuntos,
mais humildes e mais humanos.







Jorge Fuentes
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?