Comeza a distribución de #máscaras sanitarias no primeiro día de reinicio da actividade laboral considerada non esencial en virtude da nova fase do estado de alarma polo #coronavirus. O reparto está a realizarse no transporte público e en lugares de acceso a centros de traballo. Nas imaxes, divulgadas pola Delegación do Goberno central en #Galicia, repartos na #Coruña, #Lugo, #Vigo e #Ourense. "O uso de máscara non é obrigatorio, pero si recomendable, e por iso repartimos 602.000 en Galicia", sinala o delegado gobernamental, Javier Losada.







