6 anos

O meu mellor AMIGO (desde a infancia) loita pola súa vida, na UCI do CHUAC, contaxiado do COVID. Meu amigo e Celador do CHUAC. É dos que ten empatía cos enfermos, gostalle o seu traballo e faino con alegría. Precisamente, por facer o seu traballo, él agora está moi fodido. E non era de risco, non era fumador e facía deporte. A incompetencia da Dirección do CHUAC e do SERGAS, e tratar os traballadores coma números, en vez de coma persoas, fai que esté nesta situación. Agora, os seus compañeiros, loitan por salvarlle a vida, e os que o coñecemos, ollamos con ansiedade, é esperanza de que lle gañe a batalla o COVID.
Uns politicuchos noxentos, en vez de darlle a mellor protección posibel, xogan ca súa vida, pra gañar réditos políticos. Son miserabeis, noxentos, e por iso, espero que o PP, desapareza da Xunta, mais pronto que tarde.
Non Sr Feijoo, non é un número, é dos que loitan na primeira línea, e que vostede, cos seus recortes, non protexeu. Non son tan ruín coma vostede, e non lle vou desexar, que lle suceda o que lle está a acontecer ao meu amigo, pero eso si, deséxolle que perda as eleccións e que alguen o leve a Fiscalía. Non pode sair gratis tanta incompetencia.

  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame