Así soa Illas de sal, o segundo #sinxelo do novo #disco de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, As catedrais silenciadas. A protagonista do vídeo é Sofía Souto Carballido, "unha nena bailadora", explican dende o equipo do músico, e está enmarcada en espazos da Costa da Morte como o Monte Pindo ou A Boca do Río. A nova peza é unha xota e a súa orixe é unha recolleita de Alan Lomax en Corcubión. https://youtu.be/S9Bs-eOIPbc