#Feijóo confirma o seu interese en celebrar as #eleccións "canto antes" e sinala o mes de xullo a partir dos informes sanitarios que, di, manexa o #Goberno galego e acaba de "remitir aos partidos políticos", cos que se reunirá mañá, segundo anunciou en rolda de prensa. O presidente da #Xunta confirma que a nova fase do estado de alarma permite volver convocalas grazas á emenda introducida polo #PNV.





