#ManiDeVox: Xa pasaron dous días da mal chamada manifestación dos Cayetanos. E tamén xa vou acougando un chisco despois de ver semehlante esperpento. Isto non foi umha mani; isto foi umha gran festa lucindo de xeito ostentoso Ferraris, Porsches e autos de alta gama. Umha gran celebración da flor e a nata dos ricos espanhois. Que celebraban? A morte de preto de 30.000 vidas humanas provocadas polo virus? Eu nunca vin antes umha manifestación pola liberdade, totalmente autorizada, dentro da mais absoluta liberdade. Só vin xente en ringleiras de coches para coaccionar e cortar pola raíz a liberdade dos que non pensan coma eles.
A todo este esterco humano habería que ensinarlhe o sufrimento das manifestacións de cando eles ostentaban o poder absolutista, ditatorial e represor. Xa debe facer uns oito anos que publiquei isto mesmo en Caxigo. Forma parte da historia de Galiza. Sres. “Pijos Cayetanos” isto son manifestacións e a vosa é umha festa-celebración ostentosa e noxenta.
https://youtu.be/7yazBbwEnlU