A quen cambia de ideas, opinión ou posición por interese propio, dicindo hoxe umha cousa e manhá outra sen rubor ningún, chámaselhe popularmente chaqueteiro. En Galiza temos a un virachaquetas premium. Tanto di Galicia, Galicia, Galicia, como vota en contra dela ou se manifesta da mao con VOX na Plaza de Colón. É o bo de non ter ideas, todo lhe vale. Aquí umha colección dos melhores trocos de chaqueta de Feixóo. Tendes para entretervos, rirvos ou chorar un bo anaco. Minha naicinha querida; que farsante e cínico é!
https://aschaquetasdefeijoo.bng.gal/





