Bo Nadal e Aninovo para a Rede da Nosa Fala.
Sen dúbida, será este un Nadal atípico, como atípica e surrealista está sendo toda a situación que estamos a vivir; mais aínda que non poidamos xuntarnos e brindar coas familias, seres queridos e/ou amigos de cadanseu. Farémolo dende a distancia co convencemento de que iso é a mellor solución para que no próximo Nadal non falte ninguén e poidamos celebralo con toda a xente que desexemos. Moitas veces é mellor dar un paso atrás, aínda que só sexa para coller impulso. Bo Nadal e Aninovo.
