Na ara de Eiras pon LAMBRICAE, pero os da Xunta seguen teimando, e permiten que un centro de interpretación museo "castrexo" leve o nome de LANSBRICA.
Enriba, hai outro sector que insiste con LANOBRIGA. Pero a ara de Eiras non a ensina ninguén.
A ara estaba no pazo de Eiras, que foi vendido dúas veces ou tres desde que o visitei en xuño de 2007. A Xunta, seica promotora cultural indiscutible, non fixo nada por recuperar a ara de Emilio Reburrino.
Penso que nas fotos que me deixaron facer no 2007 lese moi clariño o M. Xa empezo a sospeitar en se estarán repicando a inscrición...
O topónimo LÁMBRICA fai referencia á citania de San Cibrao das Las, onde aniñou unha empresa subvencionada que nada fai por aclarar definitivamente este erro.
https://lambrica.fala.gal/
