A linguaxe converteunos en humanos. Comezamos a falar quizais para comunicar cuestións básicas para a supervivencia, pero tamén para contar e soñar.
Durante moito tempo aquelas historias transmitíanse oralmente de xeración en xeración ou morrían tras seren pronunciadas. A escrita rescatounas do esquecemento e facilitou a súa difusión e perdurabilidade. Algunhas das máis fermosas escribíronse dende a Idade Media en galego. Case mil anos despois, esta lingua, a nosa lingua, é o principal sinal de identidade dos galegos e galegas. E tamén un xeito único de contármoslle ao mundo o que queiramos. Calquera historia. De amor e humor, de dor e alegría, de esperanza ou perda, fantástica ou real.







Blanca Nieves Dieguez Fernandez
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?