O Coto do Santrocado – A Burata da Moura
O castro do Santrocado, Santorcado ou Santorcato (“o santo que leva o torque“), tamén chamado nos arredores “O Coto“, está no cumio do monte do mesmo nome, a uns 550 metros de altitude sobre o nivel do mar, situado na marxe dereita do río Miño ao seu paso pola provincia de Ourense, entre Arrabaldo e Trasariz.