Un artigo publicado por PÉREZ OUTEIRIÑO en 1987 -e non debe ser o único- ten o mérito de falsear datos referentes á ara de Eiras, afirmando que apareceu en Lámbrica e tal... pero sen comprobar. No mesmo artigo mostran unha foto "trucada" da inscrición da ara de Eiras, pra poder ler "LANSBRICA".
(PÉREZ OUTEIRIÑO, B.: "A Cidade de San Cibrán de Las. Objectivos e resultados das últimas intervencións arqueológicas (1981-1983)" en Lucerna. Vol. II. Páginas 15 a 40. Centro de Estudos Humanísticos. Porto (Portugal), 1987).
Acompaño, por ser necesario á explicación, a ilustración de PÉREZ OUTEIRIÑO. Non quero desacreditar aos "doutores", pero só eles poderían solucionalo con humildade. A súa foto está claramente manipulada e a orixe da ara non está na citania, tal e como se afirma no artigo, pois nin apareceu en escavacións nin se soupo nunca que a colleran alí e a levaran para o pazo de Eiras.
Hai que dicilo ben alto porque os estudosos de todo o mundo non ven a ara, nin, moitas veces, ven a citania. Só se guían por traballos publicados, e... cando nos traballos hai mentiras... pois aparecen os bulos... que despois son dificilísimos de desmontar.
Ao lado da fotografía acompaño unha miña, de 2007. Pódese xogar a buscar diferenzas. A miña fotografía non está trucada.
Moitas veces penso que ha de ser por isto que a ara “desapareceu”. Necesitamos xente seria nas universidades e nas escavacións.

image
  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame