Na lámina de Pérez Outeiriño (PÉREZ OUTEIRIÑO, B.: "A Cidade de San Cibrán de Las. Objectivos e resultados das últimas intervencións arqueológicas (1981-1983)" en Lucerna. Vol. II. Páginas 15 a 40. Centro de Estudos Humanísticos. Porto (Portugal), 1987), vemos ao lado da ara de Eiras un fragmento de friso con decoración xeométrica en "SS enfrontadas". Moi cerca de Lámbrica, en Amoeiro, un friso na capela do Formigueiro presenta o mesmo motivo (engado foto á esquerda). A foto da dereita foi feita en Portugal, posiblemente procedente da citania de Briteiros. De momento, este motivo aparece máis en Portugal que en Galiza, véndose alí con bastante frecuencia, o que nos mostra relacións de largo alcance da citania de Lámbrica coas citanias do país veciño. Ademais, ningunha citania portuguesa foi datada "a partir do século I a. C." como tentan os arqueólogos facer con Lámbrica. As citanias son da Idade do Ferro, sempre anteriores á chegada dos romanos, aínda que en moitas delas a poboación puido -con pactos ou con dominación- continuar vivindo baixo o poder romano, como parece ocurrir en Lámbrica. Pero os motivos artísticos que se repiten en espazos xeográficos lonxanos fannos pensar nunha poboación xa notable algúns séculos antes da romanización. Este tipo de pezas tamén deben ensinarse ao público e mostrarlle que, en ningún caso, son romanas. Se Lámbrica e Briteiros, por exemplo, tiveron relacións pra compartir motivos artísticos propios da Idade do Ferrro, tivo que ser antes da chegada dos romanos, pois estes impedirían toda manifestación artística anterior e a conquista romana non deixaría tempo libre pra labrar motivos nas pedras. As datacións de Lámbrica tamén hai que revisalas.

image
  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame