#Iberdrola. Un bo día de nordés no Monte Forgoselo. Un macizo granítico preto das Fragas do Eume no concelho de A Capela pertencente a comarca de Ferrolterra. Hoxe pola mañá os muínhos de Iberdrola estaban todos parados. Poida ser que o ar subira de prezo ou que estiveran baleirando os encoros. Iso si; o prezo da enerxía batía todos os récords até o de agora.







