Temos un país fermoso, sabémolo. De Ortegal ao Miño, de Tui a Ribadeo. E vivímolo con orgullo. Mais non precisamos mostrar a beleza da nosa Terra para esixir respecto a quen nos agrede desde os seus prexuízos e ignorancia. A sociedade galega, viva, real, complexa, merece RESPECTO. Igual que a nosa lingua, cultura e identidade.





