Un dos sectores laborais actualmente máis precarios e maltratados é o das trabalhadoras sociosanitarias do SAF. Están pesimamente remuneradas, non tenhen convenio, tenhen grandísimas dificultades (ou imposibilidade) para usar os seus dereitos (asuntos propios, baixas, vacacións...).
Non podemos esquecer o seu trabalho (indispensábel) nos tempos máis duros da pandemia, sen seguridade nin contraprestación ningumha.
NON PODEMOS ESQUECER QUE AS MÁIS DAS TRABALHADORAS SON MULHERES!!!
A PLATAFORMA SAF GALIZA convoca umha manifestación en apoio ás súas xustísimas reivindicacións. Témolas que apoiar. Como elas din “Abonda xa de queixarse no sofá!”.
POR UN CONVENIO XUSTO E POLO CONTROL DO SEU CUMPRIMENTO!!!








María
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?