Xa é 25 de abril e aniversario da Revolução dos Cravos no irmán Portugal. “Grândola, Vila Morena;” composta por Zeca Afonso; serviu coma hino oficioso da revolución que puxo fin a ditadura de Oliveira Salazar e Marcelo Caetano. Cabe dicir que “Grândola” foi estreada por primeira vez en maio de 1972 en Compostela. Concretamente no Burgo das Nacións baixo a vixilancia da Garda Civil.





