🤯 Posuiume o espírito do Apalpador!
Tedes xa todos os agasallos mercados? Non? Pois aquí van unhas ideas!
1️⃣ Cambia o conto: o novo libro-disco de Música Miúda , editado por Falamos de Libros , e ilustrado por Xosé Tomás, onde recontamos e cantamos contos tradicionais, evitando os estereotipos de xénero. Contén 14 cancións e un conto, e é axeitado para a rapazada de 3 a 8 anos. Podedes atopalo en calquera libraría, ou pedírnolo por privado. 15 euriños + gastos de envío.
2️⃣ O caso Quintana ou O caso dos amantes de París, as miñas dúas novelas, editadas por Belagua Ediciones y Comunicación . Novela negra coa estudante de psicoloxía Laura Mariño como protagonista e con Compostela e a USC como escenario. Pedídemas por privado!! 16 euriños + gastos de envío.
3️⃣ A incrible historia dos homes minguantes, de Minguante . O noso primeiro disco, totalmente autoproducido, con 9 cancións orixinais. 10 euriños + gastos de envío.
‼️ Se mercades calquera destas publicacións, estades axudándome a crecer como artista independente. É moi importante para min!
Grazas!!


