Estradas intelixentes, ESTRADAS INTELIXENTES: En vez de enfocarse na creación de novos conceptos de coche para mellorar a experiencia do conductor,se decidiu con este proxecto poñer énfase no melloramento significativo das estradas mesmas. Cinco deseños innovadores serán introducidos os próximos anos nas estradas holandesas co obxectivo de mellorar a sostibilidade e a interactividade a través de luces interactivas, enerxía intelixente e sinalizacións que se adaptan a situacións específicas do tráfico en calquera momento. Un carril para coches eléctricos con bucles recargables debaixo da superficie da terra que serven para recargar a batería do coche mentres conduces sobre o carril, marcas viais pintadas con pintura fotoluminiscente, luces interactivas que se acenden unicamente cando hai coches presentes na estrada, miles de turbinas pequenas con forma de flores que se aproveitan da enerxía eólica producida polos coches.





