#14abril Tal día coma hoxe; un 14 de abril de 1931 proclámase a Segunda República que substitúe ao réxime monárquico de Afonso XIII. Estranoume que en poucos xornais se lle dera algunha relevancia a esta data. Quen si lla deu foi o portavoz adxunto do PP no congreso espanhol; Rafael Hernando; que dixo que a bandeira republicana era tan ilegal coma a do franquismo. Non sei que diría o alcalde de Beade ou o de Baralla.







