Búscanse achegas de palabras enxebres do galego que están caendo en desuso e sendo substituídas polo seu equivalente castelán para un proxecto universitario de lingua galega. As palabras deberán contar cunha definición e ademais unha orixe (de onde se quitou ou de quen se aprendeu a verba), na medida en que isto sexa posíbel. ATENCIÓN: só se buscan palabras do campo léxico da agricultura, a gandeiría ou a pesca, e todo o relacionado coa flora e fauna do país.