Caxigo Logo
  • Inicio
    • Procura avanzada
  • Convidado
    • Iniciar sesión
    • Aínda non tes conta?
    • Modo nocturno
O'Xurxo Cover Image
User Image
Arrastra a portada para recortala
O'Xurxo Profile Picture
O'Xurxo

Poeta. Mariño en terra. Mediador Sociocultural. Locutor da RádioFilispíM. Integrante do Colectivo Literario In Nave Civitas Lugrís. Fotógrafo afeccionado. Persoa inqueda e loitadora. http://galaicum.gal

  • Detalles
  • 21 Publicacións
  • Home
  • 01-03-73
  • Vivindo en España
  • Situado en Ferrol

Fotos

image
image
image
image
image
image
O'Xurxo profile picture
O'Xurxo
  8 anos

Arco da Vella

Tamén coñecido como:
Arco de lúas, arco do ceo, arco do trono, circo da vella, gancho da vella, marco da vella, marco das vellas, risco da vella, seña da auga, a ponte coloreada, as sete colores, arco de vella, arco das vellas, arco de vellas, arco das bruxas, arco das mozas ou arco das novas.

Refraneiro

Arco da vella,/ vaite de aí, que as nenas bonitas non son pra ti
Arco da vella a levante, fala ós bois para adiante.
Arco da vella, auga na terra.
Arco da vella, nin chove nin neva.
Arco da vella no levante, fala ós bois pra diante.
Arco da vella ó anoitecer, bo tempo ó amañecer.
Arco da vella ó levante, anda cos bois para adiante.
Arco da vella ó mediodía, chuvia pra todo o día.
Arco da vella ó poñente, antepón os bois e vente.
Arco da vella ó poñente, ceiba os bois e vente.
Arco da vella ó poñente, colle os bois e vente.
Arco da vella ó poñente, mariñeiro ¡alerta!
Arco da vella ó poñente, mariñeiro en pé.
Arco da vella ó poñente, recolle os bois e vente.
Arco da vella ó poñente, saca os bois e vente.
Arco da vella ó poñente, solta os bois e vente.
Arco da vella ó radiante, dálle ós bois para diante.
Arco da vella ó raiante, ¡ei, boi! ¡ei!, pra adiante.
Arco da vella ó raiante, afala os bois para diante.
Arco da vella ó raiante, fala ós bois e vente.
Arco da vella ó raínte, anda boi pra diante.
Arco de vella ó poñente, pícalle ós bois e vente.

Cantigueiro

Arco da vella,/ vaite de aí,/ que as mozas de agora/ non son para ti.
Arco da vella,/ vaite de aí, que as nenas bonitas non son pra ti.
Arco da vella,/ vaite de aí,/ que andan os porcos/ a fosar en ti.
Arco da vella,/ revolve na terra. / Col dido monín,/ que non chova por min./ Col dido polgar,/ que chova no mar.

Arco da Vella encol do barrio de San Valentín, Fene. [Provincia da Coruña].
Fotografías realizadas coa Nikon D3100:
http://www.galaicum.gal/2017/0....5/arco-da-vella.html

image
Gústame
  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame
Comentar
Compartir
5000
  • 00:00
     
    O'Xurxo profile picture
    O'Xurxo
      8 anos

    Maquis [Guerrileiros]

    Mollados polos ríos de sangue
    fuxiron para agochárense os guerrilleiros,
    e galegos berros estarreceron,
    e un groso sentimento contestatario naceu.
    Xurdiu un sentir amotinado e subversivo
    ante a barbarie macabra xerada
    polo fascista poder establecido
    aniquilador das persoas libertarias.
    Unha península en plena posguerra
    filtrando persoas, mortes e condenas
    guerrilla valente defende a súa terra
    contra a ditadura do xugo e das frechas.
    Maquis agochados nos bosques,
    nas covas, nas furnas e nas leiras,
    homes valentes, combativas guerrilleiras
    fuxindo dos franquistas de roupa negra
    que cazaban persoas coma aguias feras
    e tinguían con sangue a cor da súa bandeira.

    Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao

    O Nemeton do Galaicum:
    http://www.galaicum.gal/2017/0....5/maquis-guerrilleir

    image
    Gústame
    • Gústame
    • Encántame
    • Faime rir
    • Abráiame
    • Entristéceme
    • Anóxame
    Comentar
    Compartir
    avatar

    Vakaloura

    Xenial!
    Gústame
    1
    • Gústame
    • Encántame
    • Faime rir
    • Abráiame
    • Entristéceme
    • Anóxame
    · 0 · 1494881042

    Eliminar comentario

    Seguro que queres eliminar este comentario?

    avatar

    O'Xurxo

    Grazas
    Gústame
    1
    • Gústame
    • Encántame
    • Faime rir
    • Abráiame
    • Entristéceme
    • Anóxame
    · 0 · 1494937911

    Eliminar comentario

    Seguro que queres eliminar este comentario?

    5000
    • 00:00
       
      O'Xurxo profile picture
      O'Xurxo
        8 anos

      Desleixamento Ferrol Vello [III]
      Sen Palabras...
      http://www.galaicum.gal/2017/0....5/desleixamento-ferr

      image
      Gústame
      • Gústame
      • Encántame
      • Faime rir
      • Abráiame
      • Entristéceme
      • Anóxame
      Comentar
      Compartir
      5000
      • 00:00
         
        O'Xurxo profile picture
        O'Xurxo
          8 anos

        Percebeir@s

        Hai persoas valentes
        que arriscan todo por amor
        e cada impulso da súa forza
        é alimento para quen ben queren,
        digno labor protector.
        Hai labores perigosos
        dependentes da sorte que vai
        que fan loitar contra as ondas,
        contra a ameaza das rexas rochas,
        contra a inmensidade do implacábel mar.
        E un negro día,
        no que a sorte fuxiu co vento,
        mergulláronse as esperanzas todas;
        e de súpeto, nuns minutos,
        o mar decide e arrebata
        e o alento que antes deu queda en nada
        e as familias fican rotas
        e as ilusións fragmentadas.
        O mar amorea almas
        xunto as rochas percebeiras,
        almas de xente boa
        que unha mañá foi teimar
        e coa sorte fuxidía
        e pola auga coa súa porfía
        non puido retornar.
        Fican as pegadas das vivencias
        das valentes persoas xenerosas,
        reminiscencias de amor e dor,
        no mar crecen moitas rosas,
        cada alma é unha flor.

        En Honra a Paco Souto [1962 - 2017]
        Poeta Percebeiro bo e xeneroso
        comprometido coa súa xente e coa súa terra.
        #PacoSouto

        Poema creado por Xurxo M. Gago Chao
        http://www.galaicum.gal

        image
        Gústame
        • Gústame
        • Encántame
        • Faime rir
        • Abráiame
        • Entristéceme
        • Anóxame
        Comentar
        Compartir
        avatar

        Vakaloura

        Sinxelamente; un poema ben fermoso!
        Gústame
        1
        • Gústame
        • Encántame
        • Faime rir
        • Abráiame
        • Entristéceme
        • Anóxame
        · 0 · 1494538454

        Eliminar comentario

        Seguro que queres eliminar este comentario?

        avatar

        O'Xurxo

        Grazas!
        Gústame
        1
        • Gústame
        • Encántame
        • Faime rir
        • Abráiame
        • Entristéceme
        • Anóxame
        · 0 · 1494621082

        Eliminar comentario

        Seguro que queres eliminar este comentario?

        5000
        • 00:00
           
          O'Xurxo profile picture
          O'Xurxo
            8 anos

          Nunha localidade galega existe un dos carballos máis antigos de Galicia, o
          chamado carballo do Santo Antón, tamén denominado carballo de
          Vilardefrancos, na vila de San Xurxo de Artes, en Carballo (A Coruña). A
          árbore é inmensa, espesa en ramas, atacada por tempadas polo visgo
          invasor. O seu tronco, abarca unha gran superficie, tanta que para precisaríanse unhas sete persoas para abrazalo. Na súa parte superior existe un gran oco
          orixinado por un raio moito tempo atrás, un raio que incendiou a árbore,
          mais conseguiu salvar das chamas grazas aos veciños que acudiran ben
          dispostos a salvalo. O raio deixou no carballo un burato de por vida, un burato en
          forma de corazón, un oco inmenso moi utilizado polas mozas casadeiras
          para solicitar a concesión das súas pretensións amorosas. Un oco cheo de
          pequenas pedriñas. Parece toda unha milagre que unha árbore con esa
          fonda ferida puidese sobrevivir con tanto esplendor ao longo dos anos. Por
          iso, entre outras cousas, inda máis misteriosas, dise que é unha árbore
          máxica. Dise que é unha árbore casadeira. Dise, tamén, que nela viven
          seres máxicos, pero iso xa é outra historia…

          http://www.galaicum.gal/2014/0....7/o-carballo-do-sant

          Gústame
          • Gústame
          • Encántame
          • Faime rir
          • Abráiame
          • Entristéceme
          • Anóxame
          Comentar
          Compartir
          5000
          • 00:00
             
            • Máis información
            • Seguindo (32)

            • Lorena Lor
              Roi Xordo
              Xosé M.Abe
              Proxecto I
              AF Os Xare
              Celia Vida
              Breo
              Ana Hermid
              Brinco
            • Máis información
            • Seguidores (18)

            • Ilumalia
              Xosé M.Abe
              AF Os Xare
              Breo
              Jpinneiro
              Pirrakinha
              Carmen F.r
              Mala chisp
              RuniRamos
            • Máis información
            • Gústame (0)

            • Máis información
            • Grupos (0)

            Lingua

            © 2025 Caxigo

            • Acerca de
            • Contacto
            • Programadores
            • Máis
              • Privacidade
              • Aviso legal

            Unfriend

            Seguro que queres desfacer a amizade?

            Reportar a este usuario

            Importante!

            Seguro que queres eliminar a este membro da túa familia?

            Saudaches OXurxo

            O novo membro engadiuse correctamente á túa lista de familiares!

            Recorta o teu avatar

            avatar

            © 2025 Caxigo

            Lingua
            • Inicio
            • Acerca de
            • Contacto
            • Privacidade
            • Aviso legal
            • Programadores

            © 2025 Caxigo

            Lingua
            • Inicio
            • Acerca de
            • Contacto
            • Privacidade
            • Aviso legal
            • Programadores

            Comentario reportado correctamente.

            A publicación engadiuse correctamente á túa cronoloxía!

            Alcanzaches o límite de 5000 amigos!

            Erro de tamaño: o arquivo supera o límite permitido de (244 MB) e non se pode cargar.

            Your video is being processed, We’ll let you know when it's ready to view.

            Non se pode cargar un arquivo: este tipo de arquivo non é compatible.

            Detectamos contido para adultos na imaxe que subiches, polo que rexeitamos o teu proceso de subida.

            Your post was submitted, we will review your content soon.

            To upload images, videos, and audio files, you have to upgrade to pro member. Actualizar a Premium

            Edit Offer

            0%

            Add tier








            Selecciona unha imaxe
            Delete your tier
            Are you sure you want to delete this tier?

            Pay By Wallet

            Delete your address

            Are you sure you want to delete this address?

            Payment Alert

            You are about to purchase the items, do you want to proceed?
            Request a Refund


            Lingua

            • Castellano
            • Galego