Maquis [Guerrileiros]

Mollados polos ríos de sangue
fuxiron para agochárense os guerrilleiros,
e galegos berros estarreceron,
e un groso sentimento contestatario naceu.
Xurdiu un sentir amotinado e subversivo
ante a barbarie macabra xerada
polo fascista poder establecido
aniquilador das persoas libertarias.
Unha península en plena posguerra
filtrando persoas, mortes e condenas
guerrilla valente defende a súa terra
contra a ditadura do xugo e das frechas.
Maquis agochados nos bosques,
nas covas, nas furnas e nas leiras,
homes valentes, combativas guerrilleiras
fuxindo dos franquistas de roupa negra
que cazaban persoas coma aguias feras
e tinguían con sangue a cor da súa bandeira.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao

O Nemeton do Galaicum:
http://www.galaicum.gal/2017/0....5/maquis-guerrilleir

image
  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame